Saltar ao contido

Vicente Capdevila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Capdevila

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Vicenç Capdevila i Cardona Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 2020 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Cataluña
xullo de 1983 – 20 de marzo de 1984 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
24 de xaneiro de 1983 – xullo de 1983

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
10 de abril de 1980 – 24 de xaneiro de 1983

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado provincial de Barcelona
1 de abril de 1974 – abril de 1977
Alcalde de L'Hospitalet de Llobregat
abril de 1973 – 25 de abril de 1977
← Josep Maties d'España Muntadas (en) TraducirJoan Perelló Masllorens (en) Traducir →
Concelleiro de L'Hospitalet de Llobregat
febreiro de 1964 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - licenciatura en Dereito (–1959) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona (1963–1973)
Crédito y Caución (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 4471621


Vicente Capdevila Cardona, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 28 de outubro de 1936 e finado na mesma vila o 21 de marzo de 2020, foi un avogado e político catalán.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto foi vicepresidente da Asociación de Antigos Alumnos de Deusto. En 1964 foi nomeado concelleiro do terzo corporativo na súa cidade natal e foi tenente de alcalde de Cultura até 1971.[2] O 3 de abril de 1973 tomou posesión como alcalde de L'Hospitalet de Llobregat, e ocupou o cargo até 1977.[3] Foi vicepresidente da Corporación Metropolitana de Barcelona e deputado provincial.

Nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado da UCD pola circunscrición electoral de Barcelona.[4] Entre o 3 de xuño de 1978 e o 18 de xaneiro de 1980 foi director xeneral de Administración Local do Ministerio de Administración Territorial.[5][6] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980 foi elixido deputado de Centristes de Catalunya-UCD por Barcelona e permaneceu no cargo até maio de 1984, aínda que en xullo de 1983 pasou ao Grupo Mixto.[7]

Faleceu aos oitenta e tres anos o 21 de marzo de 2020 a consecuencia da COVID-19. Foi un dos primeiros políticos de Cataluña falecidos a consecuencia da pandemia por enfermidade de coronavirus.[8][1][9]